Os pongo en situación. Vamos a jugar como si fuésemos niños y saltásemos sobre los charcos que nos encontrábamos en el camino a casa.Charcos como palabras, siete mínimo y quince máximo. Haremos un relato con esos charcos para llegar a nuestro hogar.Seguramente os recordará a vuestra etapa escolar cuando nos pedían hacer esto en lengua.
Será en galego,unha viaxe polo noso mollado idioma cheo de regatos pequenos.
Palabras : tempas, fardel, requichado, rancor, melindres,laio e trousar. A mayores puedes usar estas si quieres saltar más charcos : axexar, prófugo, codia, gabia, rexouba, avezar, reliquia e amolecer.
A camiñar polos regatos pequenos como Dorothy polas baldosas amarelas !!
1) "Aquela noite ía no automóbil tan vello do meu avó que el coidaba coma unha reliquia. Antes de marchar,eles dixéronme que tivese moito coidado coma se soubesen que algo estivera a piques de axexar.
Chovía moi forte, diría que case con rancor. De súpeto perdín o control do coche, semellaba un prófugo que fuxe sen amolecerse por nada. Sentín un arrepío que percorreu o meu corpo e polas tempas esvaroume unha suor fría. Fixen o aceno de afastarme da gabia pero non puiden. Alí quedei cos ollos pechados durante un tempo.Cando os abrín,soltei un laio,doíame o pé que o tiña requichado e iso que estaba avezada a non chorar. Entráronme gañas de trousar os melindres que comera antes de iniciar a viaxe e unha pequena codia de pan. Collín do fardel o meu móbil,chamei a emerxencias pero non escoitaba ben,soamente a rexouba do vento".
2) "Parecía que estaba a axexar un laio dende a gabia ,non soamente chea de corpos, tamén de rancor. Fixen o aceno de afastarme ata a estrada porque me percorreu un arrepío ao ver esa imaxe e entraronme gañas de trousar.As miñas tempas latexaban con forza,ademais non me sentaran ben os melindres que comera despois de tanta codia á que estaba avezada nesta guerra que parecía amolecer ata a xente máis forte polo medo requichado que pasaran e aínda máis se eu era un prófugo que sempre escoitaba certas rexoubas de persoas que pasaban preto de min.O fardel que levaba ao lombo xa non me pesaba,nel levaba unha reliquia da miña nai que me traía recordos dos bos tempos".
No hay comentarios:
Publicar un comentario