"Amence como un carro de frío
o vento roda arredor
cando sempre é desandado o camiño.
Dis que pensar é escuro
como un muro de sombra imerecida,
isto é poesía,un ruido provocado.
Nunca vin tanto silencio belixerante
mordendo a destrución de tantos nomes,
nacín enfrente de min mesma
cando parecía mentira o vento
e tremer no recordo insomne
lidando co sol difícil do Norte.
Cantas veces, vento dos ventos
só coñeces aquela rama partida pola
ausencia no parque de Santa Margarida".
A miña homenaxe a Luísa Villalta,sempre infinita.